Inicio > Bitácora > Trump declara a guerra á Unión Europea

Trump declara a guerra á Unión Europea

3/02/2017

O inicio do exercicio por Donald Trump do seu cargo de presidente dos Estados Unidos de América está xerando unha gran polémica, polo alcance das súas primeiras decisións executivas.

O inicio dos pasos para derrogar a Lei de protección ao paciente e coidado de saúde asequible, a prohibición de entrada aos EEUU de nacionais de determinados Estados estranxeiros, a anunciada decisión de estender o muro a toda a fronteira con México... Todas elas, son cuestións amplamente comentadas.

Pero eu hoxe o que aquí quero destacar é a intención de Trump de evitar a competencia económica e política que no mundo pode supoñer a Unión Europea para os Estados Unidos. Así que vou aproveitar para isto o artigo publicado no xornal La Voz de Galicia por Cristina Porteiro co título que reproducín nesta entrada: Trump declara a guerra á UE.

Convido a ler ese artigo, á vez que propoño que se medite sobre a conveniencia dunha Unión Europea máis cohesionada e forte.

Etiquetas: democracia globalizacion europa

Bandeira_Galicia.gif     A páxina de Xosé Luís   Logo_Cabarcos_-_276601_-_favicono.gif

2014-2024 © Xosé Luís Cabarcos Bermúdez     Logo_Cabarcos_-_276601.gif

2014 © CREOWEBS. Diseñamos y creamos