Cabarcos, un galego do mundo. Ver máis ->
Esta, a miña páxina web persoal, fíxena coa intención de facilitarme a min mesmo un modo de chegar doadamente a lugares da Intenet aos que accedo con frecuencia, ben sexa por razón das miñas afeccións, ben por comprobar como desenvolven as súas actuacións algunhas das asociacións ou organizacións coas que teño mantido ou manteño contacto.
Á vez, tamén desde aquí queda aberta a posibilidade de que quen teña as miñas mesmas afeccións ou teña interese por informarse das actividades desenvolvidas polas organizacións indicadas, poida tamén facelo igual cá min.
Ademais, teño previsto ampliar no futuro o breve contido agora dispoñible en fol.cabarcos.eu, para aí recoller información sobre os módulos propios da especialidade de Formación e orientación laboral que se imparten no sistema de formación profesional do sistema eduativo.
Os cursos aPorto son cursos de portugués para galegos, que se celebran na cidade do Porto.
No filme "Do outro lado do rio" recóllese información e impresións dos catro cursos celebrados durante o ano 2011, nun dos cales tiven o gusto de participar e do que gardo un moi grato recordo.