Inicio > Bitácora > Profecía

Profecía

28/02/2015

Decenas de pezas do Museo da Civilización de Mosul, principalmente estatuas, foron destruídas esta semana por membros da organización dos Separatistas de Al Qaeda en Irak e Siria. O museo sufriu así un novo espolio.

A intención dos asaltantes-destrutores era desta volta, segundo fixeron público, destruír ídolos que representaban gobernantes crueis e impíos, por máis que estes fosen gobernantes de hai moitos séculos.

Por fortuna, a maior parte das pezas destruídas non eran as orixinais. Pero iso non quita de saber cal era verdadeira intención dos que con saña empregaban mazos e trades para desfacer as históricas figuras.

Saña contra as imaxes semellante á crueldade que a cotío os membros do grupo aplican contra un enorme número de persoas, moitas delas doutras relixións ou de ningunha pero a enorme maioría tamén musulmás e habitantes daqueles territorios.

Unha reflexión sobre isto, que atopo moi atinada, foi feita por Miguel-Anxo Murado no seu artigo Tigris e Éufrates. Convido a lelo, convencido de que, por moi doloroso que sexa o tempo que ata entón transcorra, acabará cumpríndose a profecía de que a violencia coa que os integrantes deste grupo actúan será a que os acabará levando ao seu fin.

Etiquetas: cultura barbarie arte

Comentarios

Bandeira_Galicia.gif     A páxina de Xosé Luís   Logo_Cabarcos_-_276601_-_favicono.gif

2014-2024 © Xosé Luís Cabarcos Bermúdez     Logo_Cabarcos_-_276601.gif

2014 © CREOWEBS. Diseñamos y creamos