Viaxar

Unha das acepcións que o dicionario da Real Academia Galega contempla para a palabra viaxar é a de visitar lugares e países. E facelo, viaxar, é algo que, na miña opinión, enriquece ao viaxante, que descobre novas xentes, novas paisaxes, distintas culturas... que lle fan ampliar a súa visión do mundo, facéndoa máis aberta.

Gústame viaxar. E aínda que esta é outra das miñas afeccións, sen embargo non a inclúo coas outras dúas que contemplo nunha páxina específica. Non o fago porque non adoito viaxar só; e porque os recordos desas viaxes que aquí recollo son para compartir dun modo máis limitado, cos propios compañeiros de viaxe e un reducido grupo de persoas máis, ás que me unen a amizade ou os lazos familiares.

O que si fago é convidar a todo o mundo a que, aínda que estea convencido de que mora no mellor lugar posible do mundo, viaxe a outros lugares. Sempre hai algo novo e interesante por descubrir.

Bandeira_Galicia.gif     A páxina de Xosé Luís   Logo_Cabarcos_-_276601_-_favicono.gif

2014-2024 © Xosé Luís Cabarcos Bermúdez     Logo_Cabarcos_-_276601.gif

2014 © CREOWEBS. Diseñamos y creamos